Queixas no Liceo polo fin da temporada. Piden unha competición máis atractiva
Publicado o 04/05/2020 16:52
• Mesmo valoran a posibilidade de xogar en Portugal
O Liceo é o club máis laureado de Galicia pero esta temporada non poderá optar a máis títulos.
Quitáronlle a posibilidade de pelexar polo titulo. Esta campaña había un playoff. A federación decidiu dárlle o título ao Barcelona, e o subcampionato ao Liceo, sen descensos, dous ascensos e sen Copa do Rei na Coruña.
O ano que vén o Liceo terá dúas viaxes máis a Cataluña. Seguirá o Liceo na liga española? Retómase a vella idea de xogar en Portugal? O Liceo quere unha competición atractiva.