CRTVG

Buscar

Queixas no cemiterio de Santa Cristina de Barro pola súa xestión

Publicado o 28/08/2020 18:12

Polémica no cemiterio de Santa Cristina de Barro, en Noia. Un grupo de propietarios de nichos acusa a directiva da asociación que xestiona o camposanto de tomar decisións sen contar ca maioría dos membros. Preocúpalles o despedimento do sepultureiro así como a situación económica da entidade.

Un grupo de membros da asociación que xestiona o cemiterio de Santa Cristina de Barro, en Noia, está en pé de guerra contra a directiva da entidade. Os problemas desencadeáronse cando o sepultureiro contratado no camposanto foi despedido, din, sen consultalo cos abonados e de xeito improcedente.

O presidente da asociación explica que foi imposible manter este traballador pola falta de cartos que obedece aos impagos de aproximadamente 200 dos máis de 2.000 abonados do cemiteiro.

O párroco, que preferiu non facer declaracións, forma parte da actual directiva, e este grupo de abonados piden que se involucre para buscar unha solución. O presidente asegurou que en dúas semanas levaranse a cabo asembleas reducidas para dar conta a veciñanza
 

Noticias web

28/08/2020