CRTVG

Buscar

Queixas en Xeve, Pontevedra, polos danos do gando ceibe

Publicado o 10/08/2018 14:14

Queixas tamén polos danos do gando ceibe en Xeve, Pontevedra. As vacas soltas entran nas leiras dos veciños e estragan os cultivos. Nos montes de Xeve hai uns 40 animais que traen de cabeza os veciños. Din que levan anos sufrindo os estragos que causan cando baixan ata as leiras cultivadas. Tamén denuncian que ninguén lles fai caso. A propiedade dos animais é difusa: algúns son dunha asociación de gandeiros de Moraña, outros pertencen a persoas particulares. 

O caso é que os veciños aguantan os danos en silencio a pesar de que en algún caso podan pechar os animais para reclamar. En Xeve ninguén quere denunciar en público porque temen represalias. Na vila tamén hai dúas comunidades de montes que complican aínda máis o problema. Unha delas di que a situación se amañaría se lles permitisen pechar os terreos en que as bestas adoitan pacer en liberdade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018