CRTVG

Buscar

Queixas en Lugo polos erros nos recibos da auga

Publicado o 08/03/2021 15:02

De pagar 40 euros a 170. Ou casos excepcionais coma este, onde o importe se dispara ata os 600 euros. Pero é un aumento do 50 por cento, o erro que máis se repite nos últimos recibos da auga dalgúns veciños de Lugo.

Só no barrio das Gándaras, hai preto duns 30 afectados, pero o número total na cidade achégase ao cento.

O problema é que o Concello non ten suficiente persoal para facer as lecturas dos contadores da auga, polo que nalgúns casos faise unha estimación de consumo.

Este tipo de queixas rexístranse dende hai dous anos. Os afectados xa comezaron a reclamar para que lles devolvan os cartos. O Concello acaba de aprobar as bases para contratar máis persoal para o servizo.

Noticias web

08/03/2021