CRTVG

Buscar

Queixas en comunidades de veciños por churrascadas nas terrazas dos pisos

Publicado o 05/06/2020 16:10

Moitos redescubriron as terrazas na pandemia, e queren sacarlle todo o xugo. O resto dos veciños non están dispostos a asumir tanto cheiro e fumareda. 

"Dende o 14 de marzo aumentamos moitísimo a venda de churrasco. Se normalmente andabamos polos 500 quilos na fin de semana, agora andamos polos 1.000 quilos".

Segundo elemento: o material. "Polo confinamento estamos a notar un interese engadido. Xa que non podemos saír tanto, é bo momento para facelo na casa. Nótase nas vendas, temos unha repunta". 

E terceiro elemento: a comunidade de veciños. "Estamos recibindo queixas pola celebración de churrascadas en terrazas. Sobre todo son olores, vidros manchados, a roupa tendida".

Son os elementos das churrascadas que mesturan o fervor do desconfinamento e o inicio do verán. Un pracer que nos edificios pode ser un problema que solucionar sen chegar aos xulgados. "Terase que regular de maneira expresa nas xuntanzas de propietarios". Porque hai un cuarto elemento: a convivencia. 

 

 

Noticias web

05/06/2020