CRTVG

Buscar

Queixas dos veciños polas molestias causadas por uns ocupantes ilegais na Coruña

Publicado o 08/02/2019 14:27

O próximo luns é a data que fixou o xulgado para executar a orde de desafiuzamento nun edificio da Coruña ocupado de xeito ilegal desde hai tres anos.

Os veciños contan que lles chamou a atención o amplo dispositivo policial que se despregou na zona en que estaba previsto o desaloxo.

Este inmoble da Coruña, novo e sen estrear, porque a construtora quebrou e o abandonou, foi ocupado de xeito ilegal hai xa tres anos. Onte á mañá, un amplo dispostivo policial despregouse nas inmediacións para proceder ao desaloxo. Destra volta, a execución da orde xudicial quedou posposta.

Antonio Vázquez, avogado de Stop Desafiuzamentos: "Parece que existía un menos que estaba no lugar. Entón quedouse á espera de que poidan actuar os servizos sociais do concello".

Así que, tras conseguir o aprazamento, un dos ocupantes ilegais reuniuse co avogado de Stop Desafiuzamentos para saber os pasos a seguir.

Antonio Vázquez, avogado de Stop Desafiuzamentos: "Eu voulle comunicar ao xulgado que existen estas persoas que teñen alí a súa vivenda habitual e solicitar que se avalía a súa situación e que se resolva acerca do dereito que teñen a permancer aí. No caso de que se decida que teñen que deixar libre a vivenda que se lles dea un prazo e unha alternativa habitacional".

Os veciños da rúa A Paz contan que os ocupantes son pacíficos e entenden que antes de botalos á rúa deberían darlles unha solución.

"Que os deixen aí, porque amais o edificio está abandonado e estaban reformándoo, Que os deixen aí ou que lles dean unha casa porque imaxino que é xente sen recursos que se buscaron a vida".

O xulgado fixou para o próximo luns a execución da orde de desafiuzamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019