CRTVG

Buscar

Queixas dos hostaleiros de Viveiro por unha persoa conflitiva que atacou un camareiro

Publicado o 19/10/2021 14:25

Unha persoa conflitiva está a motivar as queixas dos hostaleiros da zona do Lodeiro, en Viveiro. Ademais de ameazar os veciños e os traballadores, sinalan que atacou o camareiro dun mesón cunha barra de ferro. Din que o presunto agresor, ademais, entra de forma violenta nos negocios da contorna.

Helen Mentado, compañeira do camareiro agredido: "Ao meu compañeiro pegoulle e a el tivérono retido e ao día seguinte xa saíu e xa viu para acó. Busca problemas, enfróntasenos, pega berros e tennos ameazados. Así non estamos tranquilos". 

O suposto agresor é unha persoa sen teito. Os hostaleiros reclaman, polo tanto, que os servizos sociais municipais se fagan cargo do caso para que non volva atacar a ninguén. 

Nicasio Giz, hostaleiro: "Eu creo que este suxeito ten que estar nun reformatorio, porque non está ben. Os de asuntos sociais teñen que implicarse. Da cabeza non pode estar ben ese home". 

Esta persoa en situación de exclusión social ao parecer ocupa de forma ilegal o antigo casino de Viveiro, que se encontra en estado de abandono.

Noticias web

19/10/2021