CRTVG

Buscar

Queixas dos comerciantes de Vilalba polos cambios nas feiras e nos aparcadoiros

Publicado o 07/07/2020 20:52

Os comerciantes e hostaleiros de Vilalba están en pé de guerra e uníronse para facerlles fronte aos cambios que propón o Concello. Quéixanse de que queren quitar as feiras das prazas do centro da vila para concentralas nestoutra zona da parte alta, o que prexudica as vendas do pequeno comercio.

"A xente ía arriba, circulaba, tomaba un viño, miraba nas tendas. Agora se o concentran todo alí arriba, aquí non van vir a nada", "loitar para que se manteñan as feiras na zona histórica de Vilalba que nos parece a ideal", " se non hai vida non hai cartos, hai impostos e non hai ingresos entón que facemos", sinalan hostaleiros e comerciantes de Vilalba.

A outra loita que manteñen é a dos aparcadoiros. Din que aumentan as zonas prohibidas e as xardineras en detrimento dos espazos para os condutores e clientes.

"Pintura amarela, entón a xente que vén de fóra non ten facilidades para poder estacionar", "os aparcadoiros son fundamentais, se os quitan aquí a xente non vén", inalan hostaleiros e comerciantes de Vilalba.

Séntense sós e desamparados e penduraron estes carteis nos seus establecementos.

Noticias web

07/07/2020

Máis sobre Vilalba