CRTVG

Buscar

Queixas de veciños e comerciantes pola construción dun carril bici na Coruña

Publicado o 20/02/2019 17:25

A eliminación dunha morea de prazas de estacionamento en distintos puntos da cidade para habilitar o carril bici é a principal queixa que se escoita na rúa.

Unha decisión que tamén amola moito os comerciantes porque din que disuade os seus clientes.

"Notámolo moitísimo. Antes viñan a primeira hora tomar o café porque deixaban aquí diante o coche, pero agora marchan a outros sitios".

Os que si están a favor desta infraestrutura son os propios ciclistas. Porén amosan o seu malestar polo deseño. 

Roberto Rilo, presidente da Asociación Ciclista Crunia: "O primeiro que teñen que facer é limitar a velocidade a 30. falta sinalización".

O último treito do carril bici metropolitano pendende de executar é o que unirá As Xubias coa ponte da Pasaxe. Unhas obras que suporán tamén a redución de prazas de aparcadoiro libre na contorna do Hospital Materno Infantil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019