CRTVG

Buscar

Malestar no porto de Vigo polo desvío contedores a Portugal por unha normativa do Ministerio

Publicado o 05/04/2019 20:59

O Ministerio de Sanidade pon trabas ás descargas de peixe no porto de Vigo, segundo os operadores, que critican que os colectores estean parados ou se desviaran a Portugal.

Acusan ao Goberno central de pedir unha certificación de captura para as cargas que veñen da China, un requerimento que non esixen noutros portos internacionais.

A Comunidade Portuaria de Vigo está preocupada amais polas novas esixencias de Sanidade Exterior cos produtos pesqueiros procedentes da China, un asunto que obrigou a tomar medidas.

Enrique López Veiga, presidente da Auitoridade Portuaria de Vigo: "Un exceso de burocracia e de celo, unha pretensión de aplicar unha norma comunitaria que, polo que nos din todos os operadores non se está aplicando en Portugal, se está volvendo un tema, que xa tiña a ministra arranxado, cun protocolo novo que se lle tiña proposto dende Vigo".


 

Noticias web

05/04/2019