Queiman dous vehículos en Arzúa e provocan estragos en sete máis
Un vehículo completamente calcinado, unha furgoneta queimada parcialmente, e polo menos sete vehículos coas fiestras rotas é o balance provisional dos actos vandálicos cometidos esta noite en varias rúas de Arzúa. A Garda Civil investiga o sucedido, para dar co autor ou autores dos feitos.
Os vehículos da rúa Rego da Raña, de Arzúa, foron os máis castigados polo autor ou autores dos actos vándálicos que a madrugada pasada deixaron máis de 10 coches danados. Foi contra as catro da mañá cando empezaban a saltar as alarmas. O seu non foi o único vehículo danado.
Ademais dos danos ocasionados en Rego da Raña, os vándalos tamén atacaron varios vehículos noutras rúas próximas.
Nin os afectados nin o resto dos veciños escoitaron nada. Sorprendidos aínda polo acontecido, aseguran non atoparlle sentido.
O balance provisional é de 2 vehículos queimados e 8 danados. A Garda Civil investiga agora quen pode estar detrás destes actos.