CRTVG

Buscar

Queiman cinco coches en pleno centro de Vigo en apenas unha hora

Publicado o 13/11/2017 13:53

Arderon cinco coches, en pouco máis dunha hora, en pleno centro de Vigo na madrugada do domingo. Os incendios, en catro rúas distintas, foron intencionados e agora a Policía Científica investiga se empregaron gasolina para prendelos.

O vehículo de Fernando foi o último ao que lle prenderon lume. Tivo sorte. A policía xa roldaba pola zona e conseguiron extinguir o lume antes de que causase demasiados danos.Tres coches quedaron totalmente calcinados e outro moi danado. Todos en catro rúas que distan poucos metros entre si e en pleno centro de Vigo.

Os incendios foron provocados e algúns veciños sinalan que pola zona xa se teñen producido actos vandálicos.

Os vehículos calcinados foron trasladados ao depósito municipal, onde están a ser revisados pola Policía Científica para determinar se se empregou gasolina para iniciar os incendios e tratar de atopar algunha pista que os leve a localizar os autores do lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2017