CRTVG

Buscar

Quedan tres días para que Puigdemont responda e o Goberno cre que hai tempo para non activar o 155

Publicado o 13/10/2017 08:34

A crise catalá estará hoxe moi presente no Consello de Ministros. Quedan tres días para que remate o prazo que lle deu Rajoy a Puigdemont para que explique se declarou a independencia no Parlamento catalán. 

Fontes do Goberno cren que aínda hai tempo para que non se chegue a activar o artigo 155. Confían en que o presidente catalán recúe e dea marcha atrás. Cren que na súa decisión podería influír a fuga de empresas e a manifestación antiindependentista do domingo en Barcelona. Cataluña centrou os círculos informais do Día da Hispanidade. Rajoy achegouse a falar con Sánchez e Rivera, sentados xuntos na tribuna de autoridades.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017