CRTVG

Buscar

Quedan prohibidos os mercados agrogandeiros e limítase o traballo nos cultivos de autoconsumo

Publicado o 24/03/2020 22:40

Os mercados e mercadiños agrogandeiros tradicionais quedan prohibidos polo menos ata o 31 de marzo.

É unha das medidas recollidas na orde que publica o DOG para regular a mobilidade dos labregos mentres dure o estado de alarma.

Se cadra a quen máis afecta sexa a quen teña cultivos ou viñas dedicadas ao autoconsumo, sen fins comerciais, como as típicas e abundantes hortas de que se dispón no rural.

Só se poderá traballar nelas se están a menos de 500 metros da casa e non poderán facelo máis de dúas persoas xuntas.

E iso gardando as distancias de seguridade.

Tamén se fomenta a venda a domicilio.

Respecto dos labregos profesionais, a Xunta advirte que, dado o caso, terán que demostrar a súa condición; ben a través do Rexistro de Explotacións Agrarias, REAGA, ben coas tarxetas que dispensan os consellos reguladores.

 

 

Noticias web

24/03/2020