CRTVG

Buscar

As novas plantacións de eucalipto quedan prohibidas en Galicia ata 2026

Publicado o 02/07/2021 15:12

Dende este venres quedan prohibidas temporalmente novas plantacións de eucalipto en Galicia. Pois este veto recóllese nunha disposición da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, e estará vixente en principio ata o 31 de decembro de 2025.

Iso si, esta data podería variar dependendo dos datos do Inventario Forestal Continuo que se está a elaborar para determinar cal é exactamente a superficie de monte galego ocupada na nosa comunidade polo eucalipto. O obxectivo é actualizar os datos.

Na revisión do plan forestal preténdese reducir as hectáreas de eucalipto nunhas 20.000 en 20 anos. 

Noticias web

02/07/2021