CRTVG

Buscar

Quedan prohibidas as queimas forestais en Galicia ata o 30 de setembro

Publicado o 01/07/2019 22:50
Quedan prohibidas as queimas forestais en Galicia ata o 30 de setembro

En Galicia, quedan prohibidas as queimas desde hoxe ata o 30 de setembro. Lémbrase tamén que as leiras teñen que estar rozadas, baixo ameaza de sanción. Estamos en temporada de alto risco de incendios forestais e os sete mil efectivos de loita contra o lume están en máxima alerta. Haberá máis controis, a través de cámaras no monte e tamén contarán coa axuda de drons na extinción de incendios. O obxectivo é que non ardan máis de 20.000 hectáreas. Ademais xa está operativo o novo teléfono para denunciar os incendiarios. É o 900 815 085 .É anónimo e de balde.

Noticias web

01/07/2019