CRTVG

Buscar

Quedan absoltos os acusados de secuestrar unha moza de 20 anos nun club de citas no ano 2017

Publicado o 09/04/2021 15:00

En novembro de 2017 unha moza de 20 anos era secuestrada ás portas do bordel Tritón no Corgo. As cámaras de seguridade do local capturaban o momento en que dous homes saían dun vehículo e metían a muller dentro en contra da súa vontade.

Tras tres días desaparecida, a moza era atopada deambulando na estación de autobuses de Santiago. A investigación acabou coa detención de tres homes, un deles marido da moza, e unha muller. A vítima manifestou que estas persoas a obrigaban a prostituírse en diferentes clubs de citas e que a agredían de xeito reiterado.

Tras pasar dous anos en privisión preventiva, a Audiencia Provincial da Coruña decidiu agora absolver os implicados. Unicamente ve coaccións de xénero por parte da exparella. O tribunal considera que a moza non estivo en ningún momento privada de liberdade, xa que dispoñía de ferramentas para pedir axuda e mesmo para escapar. 

Noticias web

09/04/2021