CRTVG

Buscar

Queda visto para sentenza o xuízo pola operación Orquestra

Publicado o 02/05/2019 15:43
Queda visto para sentenza o xuízo pola operación Orquestra

Na Coruña quedou visto para sentenza o xuízo pola coñecida como operación Orquestra. A vista retomouse esta mañá coa declaración de testemuñas. O tribunal anulou unha das propostas pola acusación pública, ao estar relacionada coas escoitas telefónicas que foron anuladas o pasado mes de marzo.

A defensa insiste na absolución dos acusados, por falta de de probas. No banco sentan o alcalde de Cee e outras cinco persoas. O rexedor enfróntase a unha pena de ata 20 anos de cárcere polos delitos de prevaricación, falsidade documental e suborno.

Noticias web

02/05/2019