Queda sen piso e ten que facer fronte ás facturas que xeran os 'okupas'
Publicado o 07/10/2020 14:58
Sonia é a propietaria dun piso ocupado en Ourense. Leva catro meses pelexando por recuperar a súa vivenda e hoxe acompañamola a interpor a denuncia e a falar cos ocupantes ilegais, que unha vez máis, negáronse a marchar.
Agora é ela a que está sen teito. Mentres dorme no coche ten que facer fronte a todas as facturas da vivenda na que non reside. Está desesperada e non deixa de recibir ameazas constantes das persoas que a diario transitan pola súa propiedade.
Intentouno todo. Xa leva interpostas dúas denuncias, pero, de momento, só recibiu unha resposta: como mínimo, ata febreiro non poderá volver ao seu fogar.
Máis sobre Ourense
27/01/2021 11:36