CRTVG

Buscar

Queda extinguido o incendio forestal de Quiroga que arrasou case 150 hectáreas

Publicado o 26/07/2019 18:36
Queda extinguido o incendio forestal de Quiroga que arrasou case 150 hectáreas

O incendio forestal que se desencadeou en Quiroga o pasado mércores apenas pasadas as cinco e media da tarde foi extinguido este venres, ás seis, e afectou á parroquia de Montefurado. Medio Rural concretou nun comunicado que o lume, segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 148,1 hectáreas, das cales 64,25 foron de monte arborizado e 83,85 de raso. Nos labores de extinción participaron un técnico, 19 axentes, 46 brigadas, 24 motobombas, unha pa, dez helicópteros e tres avións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019