CRTVG

Buscar

Queda en liberadade provisional o autor do tiroteo de Teis

Publicado o 29/08/2019 14:34

Quedou en liberdade aínda coa obriga de comparecer nos xulgados o detido polo tiroteo nunha vivenda do barrio vigués de Teis.

Fora arrestado o luns pasado por un presunto delito de lesións tras disparar contra un home e ferilo na cabeza durante unha forte discusión.

O detido, que conta con 30 antecedentes policiais, terá que presentarse nos xulgados cada 15 días. Mentres, o ferido, que fora ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, xa foi dado de alta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019