Queda constituído o Clúster da Biomasa de Galicia para liderar o desenvolvemento de enerxías limpas
Publicado o 24/02/2021 17:30
Galicia aspira a liderar o sector da biomasa a nivel internacional co desenvolvemento de proxectos vencellados ás enerxías limpas. Destacouno o vicepresidente segundo, Francisco Conde, este mediodía tras quedar constituído o Clúster da Biomasa, integrado por trinta empresas.
"Agradecer a iniciativa das 30 empresas que conforman o Clúster da Biomasa que vai permitir unha locución entre a Admisitración e o sector para apoiar as iniciativas que poidan xurdir e, sobre todo, para que Galicia non sexa só un líder no eido nacional, senón tamén no eido europeo e internacional", asegurou Francisco Conde, conselleiro de Economía