CRTVG

Buscar

Queda constituída a Eurocámara sen os líderes independentistas

Publicado o 02/07/2019 21:16

Hoxe constituíuse o novo Parlamento Europeo, saído das eleccións do pasado 26 de maio. É un Parlamento moi renovado, case o 70% dos deputados son novos. Entre eles hai significativas presenzas como os representantes do partido do brexit, que escoitaron o himno europeo de costas. E tamén houbo destacadas ausencias, as do ministro de Exteriores en funcións, Josep Borrell, e os tres independentistas cataláns: Carles Puigdemont, Oriol Junqueras e Toni Comín, que non sentarán na Eurocámara.

Coincidindo coa sesión de apertura, milleiros de independentistas cataláns concentráronse fronte á sede do Parlamento europeo para protestar, precisamente, pola exclusión dos tres eurodeputados electos.  Carles Puigdemont e Toni Comín foron tamén os grandes ausentes da convocatoria. Non participaron por motivos de seguridade, segundo o seu avogado, ante o temor a que España reactivara a orde de detención ao estar en solo francés.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019