CRTVG

Buscar

Que pasará a partir do 4 de maio? Pódese ir cortar o pelo, por exemplo, con cita previa

Publicado o 29/04/2020 15:11

O 4 de maio, é dicir, o vindeiro luns, aplicaranse unha serie de medidas propias da Fase 0, segundo anunciou Pedro Sánchez o martes á tarde. A data xa a vemos próxima nos nosos calendarios. Que cousas cambian? Que actividades poderemos facer a partir da semana que vén?

O Goberno indicou que se poderán abrir locais con cita previa para a atención individual dos clientes. Entre eles, inclúense os salóns de peiteado. Sempre e cando se poida garantir as medidas de seguridade con barreiras de separación ou vitrina e a protección individual. O uso de máscara e luvas é obrigatorio cando sexa preciso o contacto co cliente.

Establecerase un horario de atención preferente para as persoas maiores de 65 anos.

Tamén se permitirá a apertura de restaurantes que ofrezan un servizo de entrega para levar, iso si, sen consumo no local. 

No tocante aos hoteis, non se permite actividade, salvo excepcións xa reguladas. No ámbito do deporte, si que se permiten os adestramentos individuais de profesionais e federados e mais o adestramento básico en ligas profesionais. 

E que pasa cos que practican deporte de xeito non profesional? Poderase montar en bici, correr ou patinar, sempre que se faga só e coa protección axeitada