CRTVG

Buscar

Que suporía o cambio de hora en Galicia?

Publicado o 01/09/2018 09:36

Galicia está situada non fuso horario distinto ao resto de España. Por iso pode ser a zona máis prexudicada dependendo de se o Goberno opta polo horario de verán ou polo do inverno. Dende o ámbito científico consideran que se poderían perder horas de luz ao día.

Explican, que segundo a latitude en que estamos, temos unha variación na exposición solar moito maior que o resto de España.

Na rúa, a supresión do cambio horario foi moi ben recibida. Están de acordo coa medida, pero o que non teñen tan claro é se é mellor conservar o horario de verán ou o de inverno. Agora o debate está en decidir se queremos ter máis horas de luz pola mañá ou pola tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2018