CRTVG

Buscar

Que produtos galegos levan para a casa os turistas?

Publicado o 16/09/2020 16:42

Moitos turistas aproveitan a súa visita a Galicia para levar para a casa produtos galegos de calidade. Os queixos, por exemplo, pídenos en moitos casos sabendo mesmo os nomes de cada unha das variedades.

A piques de rematar o verán na praza de abastos de Lugo din que houbo menos turistas ca noutros anos. Malia todo, algúns din que as vendas non foron malas, e produtos como o mel, as conservas ou as castañas e os grelos tamén tiveron unha boa aceptación entre quen nos visitou durante as últimas semanas.

Noticias web

16/09/2020