CRTVG

Buscar

Que podemos facer para non sermos vítimas dun ciberataque?

Publicado o 11/02/2020 21:24

Facémolo nunha empresa compostelá en cuxa web manifestan o desexo de ser os superheroes da ciberseguridade. E hoxe mesmo, no Día Internacional da Internet Segura, tiveron que poñer a capa para salvar un cliente dos temidos hackers.

Este caso é un exemplo dos grandes. Cada día hai en Galicia 1.726 incidencias; 38.355 en España. Son datos do INCIBE, o Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade, datos que asustan, ninguén quere estar nesas estatísticas. Pero calquera pode ser vítima.

A estas recomendacións hai que sumarlle unha non menos importante: o sentido común, sobre todo cando hai movementos de cartos. Unha pista pode ser este cadeado, indicativo de seguridade. As actualizacións tamén nos axudarán a estar máis seguros, así que, cómpre telas ao día. Todos estes consellos, conscientes de que a seguridade completa na Rede non existe, deberiamos telos en conta para, cando menos, reducir os riscos e sentirnos máis protexidos.

Noticias web

11/02/2020