CRTVG

Buscar

Que pasa se non facemos unha PCR?

Publicado o 03/08/2020 14:38

As autoridades seguen sen saber nada da parella de turistas belga que non se presentou no hospital da Barbanza para realizar unha proba PCR a pesar de que a muller tiña síntomas. Nós quixemos saber cales son as consecuencias legais de incumprir a normativa sanitaria.

É importante ter claro que se temos síntomas do virus ou estamos diagnosticados temos a obriga de cumprir o illamento. Incumprir as ordes das autoridades sanitarias ten consecuencias. As multas van dende os 3.000 ata os 6.000 euros.

O incumprimento pode levar implícito un delito de desobediencia e mesmo de lesións no caso de contaxiar a alguén chegando ao homicidio se esa persoa contaxiada falece.

O que non debemos esquecer é que o obxectivo final é sempre o control da pandemia e que isto é cousa de todos.

Noticias web

03/08/2020