Que pasa se me citan para vacinarme cando estou de vacacións?
A campaña de vacinación avanza a velocidade de cruceiro e o verán está á volta da esquina, por iso moitos planifican as vacacións coa dúbidas de que facer se os chaman para vacinarse xusto cando están fóra. A posibilidade de poder vacinarse nun lugar diferente á área sanitaria que corresponda, din, evitaría moitos desprazamentos e facilitaría unha mellor planificación persoal e familiar.
Se finalmente esa opción de vacinación á carta non se considera viable, a escolla na rúa é unánime. Á espera do que se decida no Consello Interterritorial de Saúde, as autoridades sanitarias lembran que sempre hai flexibilidade para modificar as citas, pero a recomendación é vacinarse cando toca e planificar as vacacións. Iso si, hai que levar a documentación sanitaria, polo que poida pasar.