CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Que nos impulsa á hora de comprar? A tecnoloxía permite coñecer as emocións que nos guían no consumo

Publicado o 30/04/2015 15:05
Que nos impulsa a mercar un produto e deixar outro na balda do supermercado? Analizar o comportamento do consumidor e mesmo predicilo é unha das claves para vender máis ca a competencia. A tecnoloxía permite, hoxe en día, saber en tempo real que emocións nos guían á hora de comprar.
Estas lentes levan unha cámara incorporada e uns sensores especiais que rexistran a posición exacta da pupila.
INSERTO AMBIENTE
Esta tecnoloxía permite saber que produtos miramos primeiro, ou en cales detivemos máis a nosa mirada, un comportamento que determina a nosa compra.
INSERTO
Porque o 90% das decisións á hora de comprar tomámolas nun nivel non consciente. Esta tecnoloxía é unha das ferramentas que emprega o Clúster Alimentario de Galicia na súa formación as empresas, para investigar o comportamento do consumidor.
INSERTO JOSÉ LUIS ANTUÑA
En Galicia obsérvase unha tendencia incipiente, a preocupación por un consumo sustentable, a concienciación á hora de fixarse na orixe da mercadoría e optar polos produtos locais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí