CRTVG

Buscar

Bos días

Cales son as carreiras coas notas de acceso máis altas en Galicia?

Publicado o 26/09/2017 09:28

Co curso universitario en marcha, preguntámonos que carreiras estudan os mellores expedientes. Son os estudantes máis brillantes que en Galicia optaron por estes estudos.

A nota máxima é 14. Pois ben, no primeiro posto aparece Medicina. Repite un ano máis como a carreira máis desexada entre os alumnos máis brillantes. A nota de acceso é de 13,66 sobre 14. É a que concentra os mozos con notas máis altas.

En segundo lugar aparece un dobre grao, con máis saídas laborais, segundo os expertos. Matemáticas combinada con Física necesita dun 13,35. Este dobre grao só ten 10 prazas.

En terceiro lugar, Física. Tamén se imparte en Santiago, como as dous anteriores. Ten unha nota de 13,26.

En cuarto lugar outro grao dobre, neste caso de humanidades, Comunicación Audiovisual e Xornalismo con 12,94. Só conta con 10 prazas. E rematamos con Ade Dereito. A nota de corte foi 12,88. Impártese na Coruña e ten 60 prazas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

26/09/2017