CRTVG

Buscar

Que é a rastrexabilidade e como incide no control dos casos da covid?

Publicado o 28/03/2021 15:08

A rastrexabilidade, o ir dando coa liña que vai seguindo o coronavirus, é fundamental á hora de detectar a tempo contaxios e evitar que o virus se siga propagando. O Ministerio de Sanidade avalía cada semana este indicador en cada comunidade autónoma para valorar se está ou non funcionando. E Galicia sae ben parada nese último informe.

É un parámetro que mide de cantos casos coñecemos a orixe. Unha porcentaxe baixa indica que o sistema non é capaz de identificar as cadeas de transmisión e que a pandemia está descontrolada. 

Pois ben, o último informe do Ministerio de Sanidade indica que en Galicia esa porcentaxe é superior ao 80 %, igual que en Navarra, cunha rastrexabilidade superior ao 80 %. Asturias e o País Vasco son os que obteñen os peores datos, cunha rastrexabilidade inferior ao 30 %. 

 

Noticias web

28/03/2021