CRTVG

Buscar

Qatar Airways cancelará un voo que dura 9 minutos

Publicado o 22/11/2019 18:12

A aeroliña Qatar Airways cancelará un voo que operaba entre Maastricht e Liexa. Tardábase nove minutos en percorrer 38 quilómetros. Cal era a razón de ser deste voo? Un cliente pediu á compañía recibir a súa mercancía no aeroporto de Maastricht, por "motivos persoais". Aínda que o traxecto real deste voo ía dende a capital qatarí de Doha ata Cidade de México, facendo escala en Liexa.

Para responder ás esixencias do cliente, o avión tiña que parar en Maastricht, voar durante 9 minutos ata a cidade belga de Liexa e volver ao país mexicano. Pero as queixas non tardaron en chegar. Hai unhas semanas un grupo de ecoloxistas manifestábase vertendo toneladas de lixo. Políticos locais e ecoloxistas alertaron do impacto medioambiental que supón unha viaxe tan curta  e indicaron que a carga podería transportarse dun xeito máis eficiente.

A compañía optou por cancelar o traxecto. A ministra de infraestrutura holandesa, Cora Van Nieuwenhuizen manifestou o seu desexo de que o goberno prohiba voos de carga tan curtos.