CRTVG

Buscar

105 anos gozando dun vasiño de viño e de Chuck Norris

Publicado o 14/06/2016 13:30

Nacida nunha aldea do concello ourensán de Padrenda, esta muller supera o centenario nun estado de forma envexable

Unha veciña de Coia acaba de facer 105 anos rodeada de toda a súa familia. Pura naceu nunha aldea de Ourense e sempre foi colleiteira de viño, así que agora non perdoa un vaso coa comida e as series de Chuck Norris que seica é o que máis lle gusta da televisión.

Con 105 anos acabados de facer, Pura non perde o sorriso e nin un só capítulo da serie de televisión que protagoniza Chuck Norris.

Esta muller nacida nunha aldea do concello ourensán de Padrenda supera o centenario nun estado de forma envexable.

Só leva quince anos vivindo en Vigo coa súa filla e adora volver á súa aldea cando vai bo tempo. Tamén ten outro pequeno segredo.

Pura foi colleiteira de viño, será por iso que agora só lle gusta o que elabora o seu sobriño na súa terra segundo o costume tradicional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2016