CRTVG

Buscar

Puntos violeta: comercios identificados como lugares de axuda a vítimas da violencia machista

Publicado o 29/07/2021 10:32

Calquera comercio poderá ter un distintivo que o marcará como punto de axuda a vítimas de violencia machista.

Lucirán un logotipo que os identificará como os chamados puntos violeta. Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Igualdade. Os comerciantes poden descargarlo de Internet, canda unha guía de recursos que especifica tamén os dereitos que teñen tanto as vítimas coma a súa contorna.

Un dos obxectivos é implicar toda a sociedade na loita contra estas violencias.

Noticias web

29/07/2021