CRTVG

Buscar

O contrato de Pfizer coa UE libera a farmacéutica de responsabilidades

Publicado o 21/04/2021 14:51
O contrato de Pfizer coa UE libera a farmacéutica de responsabilidades

Hoxe coñecemos os puntos claves do contrato de Pfizer con Europa. O prezo: máis de 15 euros por vacina, sen contar impostos. E mercaron 300 millóns.

O contrato publicouno o xornal La Vanguardia. Tamén exime a farmacéutica de responsabilidades no caso de que a vacina producira algún dano a terceiros.

O texto deixa claro que toda a responsabilidade queda en mans da Comisión Europea e dos países membros.

Noticias web

21/04/2021