Punto e final ao caso Cote: a sentenza é firme e José Manuel López cumprirá seis anos de cadea
Esta mañá, todas as partes asinaron o acordo ao que xa chegaran o mércores pasado. Porén, antes, José Manuel López, coñecido como Coté, recoñeceu ser autor dos delitos polos que era investigado, entre eles, un delito de intrusismo, outro delito continuado de estafa e delito de lesións cometidas por imprudencia grave.
Finalmente foi condenado a seis anos de cadea e ao pagamento dunha indemnización de 3,3 millóns de euros. Pola súa banda, a súa muller tamén recoñeceu ante a sala ser cómplice do delito continuado de estafa. Ela foi condenada a un ano de prisión.
Emotivos e satisfeitos. Así din sentirse os afectados co recoñecemento dos feitos por parte de Coté. Desde o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia cualifican a sentenza como exemplar. Unha sentenza xa foi declarada firme.