CRTVG

Buscar

Punta Lagosteira ábrese para a extracción do percebe

Publicado o 18/01/2019 14:45

O dique de Punta Lagosteira ábrese á extracción do percebe. Preto de medio cento de percebeiros que traballan nas confrarías da Coruña e Caión beneficiaranse desta medida.

É froito dun acordo entre a Consellería do Mar, a Autoridade Portuaria e o propio sector.  A autorización está aínda pendente dos últimos trámites administrativos, pero segundo a Conselleira do Mar aumentará un terzo a área de traballo para recollida deste crustáceo.

Este novo espazo supón tamén a recuperación da actividade nunha zona que durante anos sufriu as restricións pola construción do dique exterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019