CRTVG

Buscar

PUMSolidaria, unha nova iniciativa cidadá para atender dos nosos maiores

Publicado o 01/04/2020 20:58

Así traballa un dos voluntarios de Pide un Mensaxeiro.

Co pedido de Pilar, Míkel acode á tenda. A cantante Silvia Penide é outro dos voluntarios. "A nosa clientela é precisamente xente maior, xente con mobilidade reducida. As cousas que máis piden habitualmente son alimentación e produtos de primeira necesidade do día a día", dixo Silvia Penide.

Esta é a tarxeta que os acredita para moverse polas rúas. "Non atopamos restricións en xeral. Levamos unha acreditación con nós, pero de todas formas ningún voluntario sae do seu radio de acción. Eu, por exemplo, móvome pola miña zona, pola miña rúa, e así cada compañeiro", contou Penide.

Non todo é negativo nestes tempos de pandemia.

Noticias web

01/04/2020