CRTVG

Buscar

Pulso no PSOE para presidir a Deputación de Lugo

Publicado o 03/06/2019 14:44

A presidencia da Deputación de Lugo volve estar disputada. O primeiro en saír á palestra foi Darío Campos, o ata agora presidente, pero saíulle un rival. José Tomé, alcalde en funcións de Monforte e reelixido con maioría absoluta, di que dá un paso adiante porque a institución precisa unha nova etapa.

"Creo que se fixo unha boa xestión, pero tamén creo que non foi a mellor imaxe do que debe ser unha deputación provincial. Os compañeiros que me están animando o que queren é abrir unha nova etapa", sinala José Tomé, quen se postula para presidir a Deputación de Lugo.

Dende que se presentou esta nova candidatura, Darío Campos rexeitou entrar a valorala. O mesmo acontece con Álvaro Santos, secretario provincial del PSOE. Quen si falou foi a alcandesa en funcións de Lugo, Lara Méndez, quen lembrou que agora as decisións finais se toman en Ferraz.

"O proceso está regrado e temos uns estatutos, que aprobamos no último congreso federal, onde di que a última deción a marca Ferraz, por tanto, esa última decisión vaina ter sempre", di Lara Méndez, alcaldesa en funcións de Lugo.

A Deputación de Lugo acaba de vivir catro anos moi convulsos debido aos conflitos co ex-socialista Manuel Martínez, quen daquela tamén aspiraba a presidir a institución e acabou como deputado non adscrito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019