Pulo ao turismo na zona vella de Tui, que entra na rede de xuderías españolas
Publicado o 30/03/2019 13:30
Falamos de patrimonio e dunha moi boa noticia para a vila de Tui. Esta semana logrou o voto favorable para incorporarse á rede de xuderías de España. Un empuxón á súa promoción turística como concello con historia e patrimonio. Para coñecer cales son os principais referentes xudeus de Tui, camiñamos xunto ao historiador local Suso Vila. Acompáñennos neste paseo.