CRTVG

Buscar

Puigdemont valora volver a España tras o 21-D pero non o fará "sen garantías"

Publicado o 07/12/2017 08:36

Carles Puigdemont condiciona a súa volta a España a que teña impunidade xudicial. O ex-president considera unha "chapuza xurídica" a decisión do xuíz do Supremo de retirar a euroorde contra el.

Foi a primeira comparecencia pública desque o Tribunal Supremo español decidiu retirar as ordes europeas de detención e entrega ditadas contra Puigdemont e os ex-conselleiros que fuxiron con el a Bélxica. Nesta ocasión, todos responderon ás preguntas da prensa española, non catalá, algo que non sucedeu durante o tempo que levan en Bruxelas. O ex-presidente da Generalitat criticou a decisión do Supremo e cre que o fixo por medo a quedar en evidencia. "Que trinta días despois teñan que retirar ese mandato indica que non eran conscientes de que as acusacións non teñen base ou ben de que esa euroorde era unha chapuza, ou ben ambas cousas", di Puigdemont.

Puigdemont si admitiu que non pensa moverse de Bélxica durante a campaña electoral. E despois do 21 de decembro cre que debería poder tomar posesión da súa acta como deputado. "Demandamos garantías". Pero antes de regresar a España, o ex-presidente da Generalitat quere garantías de que non irá ao cárcere e de que haberá un goberno independentista se así o deciden os cidadáns nas urnas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017