CRTVG

Buscar

Puigdemont será candidato ás eleccións europeas de Junts per Catalunya

Publicado o 10/03/2019 19:33

Carles Puigdemont será candidato ás eleccións europeas encabezando a lista de Junts per Catalunya. Competirá deste xeito con Oriol Junqueras por conseguir representación na Eurocámara.

O ex-presidente da Generalitat sinalou en Twitter que "é o momento de dar un paso máis para internacionalizar o dereito de autodeterminación de Cataluña". Puigdemont tamén conseguiu hoxe que quedaran descabalgados das listas de Junts per Catalunya para as eleccións xerais de abril os candidatos do sector más pragmático e serán substituídos por políticos máis afíns á súa liña política. A decisión adoptouse este domingo nunha tensa xuntanza do PDeCAT.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019