CRTVG

Buscar

Puigdemont: "Se teño acta de eurodeputado, volvo a Cataluña"

Publicado o 12/03/2019 15:18
Puigdemont: "Se teño acta de eurodeputado, volvo a Cataluña"

Carles Puigdemont di que volverá a Cataluña se é elixido eurodeputado o 26 de maio. O ex-presidente da Generalitat, fuxido en Bélxica dende hai un ano e catro meses, entende que o escano lle outorgaría inmunidade para entrar en España sen ser arrestado.

Puigdemont alega que non precisa recoller a acta en persoa, pero dende a Xunta Electoral Central matizan que o trámite de acatar a Constitución si é presencial no Congreso. Amais, o Parlamento europeo aclara que a inmunidade non pode invocarse por un delito xa imputado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019