CRTVG

Buscar

Puigdemont rexeitou dúas veces a petición dos Mossos de desconvocar o referendo

Publicado o 11/03/2019 21:13

Os Mossos advertíronlle en dúas ocasións a Carles Pugidemont que debía desconvocar o referendo polo clima de tensión que se vivía en Cataluña, pero o ex-presidente da Generalitat negouse. Asi o declarou hoxe no xuízo do procés Emili Quevedo, o máximo encargado do operativo dos Mossos para o 1-O.

Emili Quevedo apoiou a versión que deu antes Manuel Castellví, outro alto mando da policía autonómica, á hora de incriminar directamente a Puigdemont como o responsable de seguir adiante co referendo ilegal a pesar das advertencias en contra. Nas reunións celebradas o 26 e o 28 de agosto de 2017, os Mossos avisaron de que podía haber enfrontamentos e deixaron constancia de que a súa obriga era cumprir a orde xudicial de impedir a consulta. Segundo esta testemuña, o daquela conselleiro de interior, Joaquin Forn, non dixo nada, e o vicepresidente Oriol Junqueras asegurou que non ía haber resistencia".

Pola tarde, varios responsables de Unipost, a empresa que emitiu facturas á Generalitat por valor de case un millón de euros por encargos relacionados co 1-O, declararon que non sabían que o envío masivo de cartas eran para o referendo e que as cartas nin se cobraron nin se repartiron.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2019