CRTVG

Buscar

Puigdemont pide comparecer o martes no Parlamento para abordar a "situación política actual"

Publicado o 06/10/2017 12:30

O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, pediu comparecer o martes pola tarde no Parlamento catalán para informar "sobre a situación política actual", sen aludir ao referendo nin ao artigo 4 da Lei do referendo, que leva a declarar a independencia segundo os resultados do 1-O.

Segundo explicaron fontes parlamentarias, pide explicarse na cámara baixo o amparo do que establece o artigo 169.1 do regulamento da cámara. A Mesa tamén prevé reunirse este venres ás 15.30 horas para abordar a celebración do pleno sobre a aplicación dos resultados do referendo do 1 de outubro, tal e como explicaron fontes parlamentarias.

A reunión convócase despois de que o Tribunal Constitucional suspendese o xoves a comparecencia ante o pleno que ía facer Puigdemont, precisamente, para valorar o resultado do referendo e analizar "os seus efectos". Tras a reunión da Mesa está previsto que se reúna a Xunta de Portavoces do Parlamento rexional, que é o órgano que fixa a data e a orde do día dos plenos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2017