CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Puigdemont pide comparecer o martes no Parlamento catalán

Publicado o 06/10/2017 14:50

O Goberno catalán gaña tempo. Carles Puigdemont comparecerá o martes no Parlamento catalán. Atrasa así un día a súa intervención, que estaba prevista para o luns e que foi suspendida polo Tribunal Constitucional. Toda esta presión pasa factura no Goberno catalán, onde xa se escoita algunha voz que pide darlle unha oportunidade ao diálogo antes de proclamar a independencia.

O conselleiro catalán de Empresa, Santi Vila, avoga, literalmente, por proclamar un 'alto o fogo', para que tanto o goberno central coma a Generalitat se comprometan a non tomar decisións unilaterais e irreparables durante un tempo. É o primeiro membro do executivo catalán que cuestiona que o Parlamento catalán faga unha declaración unilateral de independencia inmediata.

Mentres, Puigdemont pediu hoxe comparecer o martes na Cámara. Atrasa un día a súa intervención, que estaba prevista para o luns e que foi suspendida polo Tribunal Constitucional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí