CRTVG

Buscar

Puigdemont non vai a manifestación de Estrasburgo por medo a ser detido

Publicado o 02/07/2019 13:35
Puigdemont non vai a manifestación de Estrasburgo por medo a ser detido

O ex-president da Generalitat catalá Carles Puigdemont non entrará en Francia para reclamar o seu recoñecemento como eurodeputado a pesar de atoparse "a poucos metros" de Estrasburgo, informou este martes o seu avogado, Gonzalo Boye.

Boye realizou o anuncio ante uns 8.000 manifestantes independentistas cataláns, desprazados a Estrasburgo para protestar xunto ao Parlamento Europeo polo non recoñecemento como eurodeputados de Puigdemont, do ex-conseller Toni Comin e do líder de ERC, Oriol Junqueras, o día en que se constitúe o Parlamento Europeo (PE). "Non existe garantía de que non haxa unha medida administrativa e que o leven directamente a territorio español", dixo Boye, o que provocou os asubíos dos manifestantes.

Puigdemont e Comin "atópanse a poucos metros de aquí seguindo esta manifestación", afirmou o letrado. Todo apunta a que Puigdemont e Comin atópanse na veciña cidade de Kehl (Alemaña), separada de Estrasburgo (Francia) polo río Rin.

Boye tamén anuncioulles aos manifestantes que Puigdemont e Comin "como parlamentarios europeos electos que son, vanse dirixir a todos vós". Os organizadores do acto, o Consell per a República catalá, prepararon un escenario, desde o que falou Boye, cunha pantalla xigante, na que aparecerá previsiblemente Puigdemont.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí