CRTVG

Buscar

Puigdemont e Comín quedan sen acta de eurodeputados ao non acudir ao Congreso para xurar a Constitución

Publicado o 17/06/2019 21:11
Puigdemont e Comín quedan sen acta de eurodeputados ao non acudir ao Congreso para xurar a Constitución

A Xunta Electoral Central deixa vacantes os escanos de Carles Puigdemont e Toni Comín como eurodeputados ao non acudir ao Congreso para xurar a Constitución. O avogado dos dous políticos fuxidos a Bruxelas intentou acreditalos a través dun poder notarial, que non lle foi admitido. Puigdemont e Comín optaron por non acudir en persoa ao Congreso, conscientes de que, cunha orde de detención vixente, serían arrestados tan pronto pisaran chan español. O seu avogado di que negándolles a acta están vulnerando a súa inmunidade como europarlamentarios.

Di Gonzalo Boye, avogado de Puigdemont e Comín: "No fondo non lles interesaba que prestaran xuramento, senón simplemente detelos e metelos en prisión para facer o mesmo que fixeron con Junqueras, que é vulnerarlle a súa inmunidade como europarlamentarios".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019