Puigdemont e Comín debutan como eurodeputados
26 meses despois da súa fuxida a Bélxica, Carles Puigdemont e Toni Comín volven ocupar un cargo electo. Sentaron na última fila do Parlamento Europeo co resto do grupo de non adscritos e lamentaron con este xesto a ausencia de Oriol Junqueras. Antes, o ex-presidente da Generalitat reclamara a atención da Unión Europea sobre o conflito catalán: "hoxe estamos aquí para acreditar que xa é un asunto europeo e que impactou de cheo nos fundamentos da construción europea. Polo tanto, é obrigatorio que a Unión Europea deixe de mirar cara a outro lado"
O presidente da Generalitat, Quim Torra, e o do Parlament, Roger Torrent, acompañaron os novos eurodeputados xunto a douscentos simpatizantes da causa independentista. O presidente do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, pediulle este luns á cámara de Estrasburgo que retire a inmunidade a Puigdemont para poder continuar co proceso de extradición en Bélxica. O ex-presidente espera que, conforme aos novos tempos da política española, o grupo socialista vote en contra da petición.